Unha nova edición de “Sete Parroquias”, de Títeres Cachirulo inicia a súa andaina en Santiago de Compostela
O sábado 11 de setembro o Cachi-Móbil fará a súa primeira parada no Centro Sociocultural de Santa Marta, cunha representación ás 12:00 h do espectáculo “A cabeza do dragón” de Valle-Inclán. Este proxecto está financiado polo Concello de Santiago, dentro do programa de axudas a Actividades Culturais para o Sector Profesional 2021. Santiago, 10 de …